Manuel González Moreira despídese do seu cargo de concelleiro na Pobra do Brollón

RibeiraSacraXa
A número sete do BNG nas municipais, Marián Martínez, tomará posesión do cargo no vindeiro Pleno
O Pleno da Pobra do Brollón despide a Manuel González Moreira
O Pleno da Pobra do Brollón despide a Manuel González Moreira
13 Nov 2024
O pasado sábado, 9 de novembro, durante o Pleno extraordinario celebrado no Concello a Pobra do Brollón, o concelleiro do BNG, Manuel González Moreira, hacía pública a súa renuncia ao alcanzar a idade de xubilación.
O alcalde Xosé Lois Maceda agradeceulle a Moreira "o seu traballo de case 18 anos desempeñando unha tarefa pública, a súa honestidade e lealtade". O concelleiro, Ricardo Rodicio así como os portavoces do PP e PSOE, tamén expresaron o seu agradecemento e todos desexáronlle a Manuel González Moreira, tamén coñecido como 'o Chinco', "moita felicidade na etapa de xubilación".
Tras a renuncia, a número sete do BNG nas municipais, Marián Martínez, tomará posesión do cargo no vindeiro Pleno.
0.18949508666992