José Tomé asume a presidencia da Red de Juderías de España

RibeiraSacraXa
José Tomé asume a presidencia da Red de Juderías de España co que poñerá en valor Monforte e a Ribeira Sacra
Os Alcaldes de Monforte e de Lucena 14 12 202
Os Alcaldes de Monforte e de Lucena 14 12 202
15 dic 2022

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, é o novo presidente da Red de Juderías de España, convertendo así á cidade na primeira de toda Galicia en poñerse á fronte desta entidade.

O rexedor monfortino recolleu o testigo da cidade de Lucena (Córdoba), durante o desenvolvemento da 61ª Asemblea xeral ordinaria da Red de Juderías de España-Caminos de Sefarad, que se celebrou en Toledo e na que participou embaixadora de Israel en España.

Tomé foi o encargado de pechar esta 61ª asemblea e na súa intervención felicitou ao seu predecesor, o alcalde de Lucena, polo seu traballo, empeño, ilusión e traballo ao longo do 2022.

Tomé sinalou a importancia do traballo en rede para “potenciar as distintas accións que desenvolvemos” nun momento no que o interese polo pasado sefardí ten unha pegada no turismo cultural. “A xente quere coñecer o pasado e a cultura deses pobos que viviron entre nós e que deixaron o seu legado”.

O obxectivo marcado polo Alcalde coa presidencia da Red é “seguir poñendo en valor e difundir a riqueza patrimonial e cultural sefardí que albergamos nas 21 cidades membros desta Red”.

Poñer en valor Monforte

A presidencia de José Tomé durante o ano 2023 servirá para dar a coñecer e difundir o potencial turístico tanto de Monforte como da Ribeira Sacra.

Na súa intervención o Alcalde fixo un percorrido pola riqueza patrimonial, cultural, artística, gastronómica e paisaxística “deste trozo do paraíso do sur da provincia de Lugo no interior de Galicia”.

O rexedor aproveitou así para subliñar que “Monforte de Lemos y la Ribeira Sacra están de moda; somos un dos principais destinos turísticos de Galicia, porque ofrecemos unha oferta turística e cultural de calidade, sostible, non masificada e de experiencias”.