Folgoso mellora a antiga ponte de Lousadela

RibeiraSacraXa
Os traballos foron posibles grazas a unha achega de 30.000 euros da Axencia de Turismo de Galicia
Ponte de Lousadela, Folgoso
Ponte de Lousadela, Folgoso
27 Nov 2024

O Concello de Folgoso do Courel vén de realizar unha serie de melloras na antiga ponte de Lousadela grazas a unha axuda da Axencia de Turismo de Galicia para acondicionar elementos que supoñen un atractivo para os concellos.

A Xunta de Galicia achega 30.000 euros ao Concello de Folgoso do Courel para seguir traballando na restauración e sinalización dos seus recursos patrimoniais. As propostas de mellora céntranse na ponte de pedra de Lousadela e nos miradoiros de Pico Polín e Vidallón.

En toda a Zona Sur de Lugo, as axudas concedidas en 2024 a través deste programa suman case 150.000 euros e benefician a cinco concellos. Así, Bóveda, Quiroga, Sober e Taboada tamén mellorarán puntos de interese turístico co apoio da Xunta.

Con esta liña de subvencións destinadas a municipios de menos de 10.000 habitantes, o Goberno galego busca o impulso e consolidación turística do rural galego ao tempo que promove a diversificación turística polo territorio. No conxunto da Comunidade, este ano foron beneficiarios 67 concellos cun investimento global de 2 millóns de euros.

 

0.18056416511536