Entregados os premios de Narración e Debuxo Letras Galegas 2022

RibeiraSacraXa
O acto, celebrado na Casa da Cultura de Monforte, aconteceu  este 16 de xuño e reuniu a todos os premiados neste certame.
cerlame_letras_galegas_monforte
cerlame_letras_galegas_monforte
16 Xuño 2022

O acto, celebrado na Casa da Cultura de Monforte, aconteceu  este 16 de xuño.

Os gañadores do Concurso de Narración e Debuxo Letras Galegas 2022 xa teñen os seus galardóns en man . O acto, celebrado na Casa da Cultura de Monforte, aconteceu  este 16 de xuño e contou coa presencia das alumnas e alumnos premiados, así como as profesoras dos centros educativos gañadores. A concelleira de de Cultura, Ensino e Xuventude, Marina Doutón, fixo entrega dos galardóns aos premiados.

Os estudantes recibiron un lote de libros así como un diploma acreditativo do premio gañado. A concelleira destacou a calidade dos traballos presentados, e animou a alumnos e profesores a seguir participando nos concursos que deste tipo organiza o Concello ó longo de todo o ano.

Os premiados na categoria A (Ata os 8 anos) de narración son: Mateo Rosales, Iago Fernández González e Pablo Puch Rodríguez. Asemade, dentro desta mesma idade, recibiron os seus premios en debuxo Breixo Fernández Méndez e Ana Yousfi.

Na categoría B, a cal abarca os 9, 10 e 11 anos, foron recoñecidos en narrativa: Gael Traseira Vázquez. Sara Pérez Pallín e Carmen Pérez Armesto. Ademais, os debuxantes salientados foron: Sonia Rodríguez Martín, Romina Vázquez Álvarez, Imae Yousfi. e Elena Somoza Macía.

Xa na categoría C, que abarcaba aos maiores de 12 anos, os premios en narrativa recaeron en Sabela Castro González, Carla Rodríguez Rodríguez e Mireya Rega Brondariz. Por outra banda, en debuxo os alumnos recoñecidos resultaron ser:  Yanniels Estrella Pérez Encarnación,   Jimena García Varela e Lucas Martínez Lillo.

LETRAS_GALEGAS_MONFORTE
0.20902895927429