Derradeiros días para visitar a mostra "Disparando cos meus ollos" de Carlos Muíños no Saviñao

RibeiraSacraXa
A exposición, que reúne unha selección de imaxes do fotógrafo ferrolán, permanecerá aberta no baixo da biblioteca ata o 31 de xullo
expo-carlos-muiños-o-saviñao
26 Jul 2026

A Biblioteca Pública Municipal do Saviñao apura os últimos días da exposición fotográfica Disparando cos meus ollos, unha mostra do fotógrafo ferrolán Carlos Muíños que poderá visitarse ata o vindeiro 31 de xullo.

A exposición está instalada no baixo da biblioteca e ofrece ao público un percorrido por diferentes instantáneas captadas polo autor, achegando a súa particular visión da realidade a través da fotografía.

As persoas interesadas aínda están a tempo de achegarse a este espazo expositivo para coñecer o traballo de Carlos Muíños antes do remate da mostra.

0.12126994132996