Chantada celebra a XXXI Mostra de teatro Maruxa Villanueva

RibeiraSacraXa
A XXXI Mostra de teatro Maruxa Villanueva chega a Chantada do 17 ao 20 de agosto de 2021 ás 22 horas na praza do Cantón.
mostra de teatro maruxa villanueva Chantada
mostra de teatro maruxa villanueva Chantada
17 Ago 2021

A XXXI Mostra de teatro Maruxa Villanueva chega a Chantada do 17 ao 20 de agosto de 2021 ás 22 horas na praza do Cantón. Desta maneira, cada un destes catro días contará cunha función teatral diferente.

No día de hoxe, martes 17 de agosto, o grupo Metatase de Palas de Rei será o encargado de amenizar a xornada a través da obra Detrás das máscaras. En canto ao mércores 18, será o turno do centro teatral Faro-Miño de Chantada, coa obra Madame Curie.

Chegado o xoves 19, a compañía teatral viguesa Fulano, Mengano e Citano, realizará a obra Top Manta e, para finalizar, o venres 20 o grupo madrileño Tamerlan coa obra Mi vida eres tú porá o broche de ouro a unhas xornadas cheas de actuacións teatrais e de emoción.

A entrada será libre ata completar aforo polo que haberá rexistro de todas as persoas asistentes. Así mesmo, será obrigatorio o emprego de máscara e as funcións veranse sentados en cadeiras.

cartel mostra de teatro chantada
0.18980002403259