Bóveda pon rumbo a Cartaxena con Yolanda Alcas como abandeirada do Slam Poetry

RibeiraSacraXa
A poeta bovedesa, campioa da cuarta tempada de Bóveda Slam Poetry, defenderá as cores do municipio no XV Campionato Estatal, que se celebrará en Cartaxena os días 17, 18 e 19 de setembro
slam_poetry_boveda
14 Aug 2026

Xa se sabe quen levará o nome de Bóveda ata o XV Campionato Estatal de Slam Poetry, que terá lugar en Cartaxena os días 17, 18 e 19 de setembro: a poeta local Yolanda Alcas.

Alcas clasificouse para a Gran Final xunto a outros seis poetas, os gañadores dos sucesivos encontros da tempada e as dúas seguintes mellores puntuacións: Sandra, José Antonio, Peter Brea, Elena, Inés Mosquera, Roberto do Pacio e a propia Yolanda Alcas.

A cita decisiva tivo lugar o 26 de xuño no centro sociocultural de Bóveda, onde seis dos sete finalistas —Peter Brea non puido asistir por obrigas laborais— recitaron as súas pezas ante o público, que encheu a sala dunha notable calidade poética.

Un xurado popular, formado por cinco persoas escollidas entre os asistentes, foi o encargado de puntuar ás e aos participantes. Os seus votos outorgaron o caderno de bronce a Sandra, poeta sarriana; o caderno de prata a Inés Mosquera, poeta carraleña; e o caderno de ouro —e con el o título de campioa desta tempada— á bovedesa Yolanda Alcas.

Grazas a esta vitoria, Yolanda representará a Bóveda no campionato estatal de Cartaxena, un evento organizado polo colectivo Poetry Slam Cartagena e coordinado por Poetry Slam España.

0.12926197052002