As XLI Xornadas de Folclore continúan este venres en Verín e Manzaneda

As XLI Xornadas de Folclore da Deputación de Ourense continuarán este venres 14 de agosto con dúas novas citas en Verín e Manzaneda. As actuacións permitirán ao público achegarse ás tradicións musicais e coreográficas de diferentes puntos do mundo e, como no resto do programa, terán acceso gratuíto.
En Manzaneda, o Festival celebrarase no Patio do Colexio a partir das 22.30 horas. Neste escenario actuarán os grupos procedentes de Ecuador, Serbia e Taiwán.
Pola súa banda, o Parque Preguiza de Verín acollerá tamén ás 22.30 horas as actuacións das formacións de Armenia, México e Senegal.
As Xornadas de Folclore celebran este ano a súa XLI edición e, ao longo dos seus 41 anos de historia, levaron aos escenarios da provincia agrupacións procedentes de máis dun cento de países dos cinco continentes. O programa achega ao público ourensán diferentes expresións culturais a través da música, a danza e as tradicións populares de distintos territorios.