Alumnado de 4º da ESO do IES A Pinguela participa nun intercambio educativo en Novara

RibeiraSacraXa
Durante unha semana, o grupo participou nunha intensa programación de actividades da man do ITE Mossotti
alumnado-ies-a-pinguela-milan
21 Apr 2026

O alumnado de 4º da ESO do IES A Pinguela vén de rematar a súa estancia en Italia dentro dun programa de intercambio co ITE Mossotti de Novara. Durante unha semana, o grupo participou nunha intensa programación de actividades, viaxes e visitas que lles permitiu coñecer a cidade de acollida e o seu centro histórico, así como achegarse a distintos puntos de interese do norte de Italia.

Entre as visitas realizadas destacan as cidades de Turín, onde puideron coñecer o Museo do Cine, e Milán, coa súa catedral do Duomo. O itinerario completouse con excursións a Stresa e ao lago Maggiore, incluíndo as illas Borromeas (Isola Bella e Isola dei Pescatori), así como a Orta e o seu lago.

Desde o centro educativo destacan a boa acollida recibida nas terras piamontesas e sinalan que esta experiencia permitiu fortalecer os lazos entre o alumnado e profesorado de Monforte e Novara, así como entre os dous institutos participantes, favorecendo o intercambio cultural e a convivencia.

0.11928296089172