A Rede Museística lanza a quinta edición do programa Estratexias de Museoloxía Social

LugoXa | TerraChaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
O programa propón pensar os museos como espazos de acollida e participación
rede-museista-charlas
20 Apr 2026

A Rede Museística Provincial de Lugo pon en marcha a quinta edición da iniciativa 'Estratexias de Museoloxía social: saúde, cultura de paz e bo vivir', un espazo de aprendizaxe compartida para reflexionar sobre os retos da museoloxía social.

Esta edición suma o respaldo de SOMUS-IC, o Comité Internacional para a Museoloxía Social de ICOM, e lánzase a un mes do Día Internacional dos Museos, que este ano se celebra baixo o lema “Museos unindo un mundo dividido”.

O programa propón pensar os museos como espazos de acollida e participación, capaces de contribuír ao benestar e á cohesión social, a partir de experiencias reais de museos e institucións culturais de distintos contextos iberoamericanos.

A iniciativa artéllase arredor de metodoloxías e prácticas que xa están a funcionar en institucións como a Fundación Museos da Cidade de Quito, o Museo de Antioquia (Colombia), o Museo La Ligua Arturo Quezada Torrejón (Chile), o Museu Valencià d’Etnologia (Valencia), o Museo da Paz de Gernika (Bizkaia, ES) ou Centre d’Art la Panera (Lleida). Persoas responsables dos proxectos compartirán as aprendizaxes que xeran e os retos que atopan os equipos que traballan no terreo.

O programa inclúe un ciclo de conversas en liña onde as persoas responsables dos proxectos compartiran as aprendizaxes que xeran e os retos que atopan os equipos que traballan no terreo, un espazo dixital para compartir recursos e experiencias inspiradoras e unha divulgación final das conclusións colectivas, que poña en valor o impacto nas persoas deses proxectos.

As conversas desenvolveranse os días 13 e 20 de maio e 3 e 10 de xuño.

0.11554598808289