A Pobra do Brollón acollerá un concerto solidario de Vizcaíno

RibeiraSacraXa
A Pobra do Brollón acollerá un concerto solidario de Vizcaíno no que os asistentes deberán doar alimentos non perecedoiros
vizcaino
vizcaino
15 Dec 2022

O cantante Xabier Vizcaíno ofrecerá xunto coa súa banda un concerto este sábado 17 ás 20.15 horas na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ na Pobra do Brollón.

O músico do Incio interpretará temas do seu último traballo 'Neno de monte', unha homenaxe ao mundo rural e á lingua galega a través de relatos da tradición oral.

A entrada é solidaria a través da doazón de produtos non perecedoiros, máis ou menos un quilo por asistente, para o banco de alimentos, entregados na entrada do concerto. Os alimentos serán xestionados pola área de servizos sociais do Concello.

Este evento forma parte da programación cultural "Animación na rúa" da Área de Cultura da Vicepresidencia Deputación de Lugo.

concerto vizcaino
0.20022988319397