A Pobra de Trives renovará o firme da estrada entre Vilanova e Escuadrio

RibeiraSacraXa
A actuación, incluída no Plan Municipal de Renovación da Rede Viaria e cofinanciada a través do Plan Camiña, mellorará a seguridade e a circulación neste vial.
trives-obras-estrada-vilanova-Escuadrio
25 Jul 2026

O Concello da Pobra de Trives levará a cabo a renovación e reparación do firme no tramo de estrada que une Vilanova e Escuadrio, unha actuación integrada no Plan Municipal de Renovación da Rede Viaria e cofinanciada ao abeiro do Plan Camiña.

Os traballos permitirán mellorar o estado do pavimento, co obxectivo de incrementar a seguridade viaria e ofrecer unha circulación máis cómoda tanto á veciñanza como ao resto de persoas usuarias desta vía.

A intervención dará servizo de maneira directa aos núcleos de Vilanova e Escuadrio, así como á urbanización do Carballal, ademais de beneficiar ao conxunto do tráfico que utiliza habitualmente esta conexión.

Con esta obra, o Concello continúa desenvolvendo actuacións para conservar e mellorar a rede viaria municipal, priorizando intervencións destinadas a reforzar a seguridade, favorecer a mobilidade e manter as infraestruturas locais en boas condicións.

0.14051389694214