A Pobra de Trives inicia os traballos de mellora na vía entre Vilanova e Escuadrio

RibeiraSacraXa
A actuación, financiada pola Xunta de Galicia e o Concello a través do Plan Camiña, conta cun investimento de preto de 71.000 euros
obras-vilanova-escuadrio-trives
23 Sep 2026

Os traballos de mellora da vía que comunica Vilanova e Escuadrio están a piques de comezar despois de que este luns se realizasen as primeiras tarefas de limpeza e preparación da estrada como paso previo ao aglomerado.

A actuación foi impulsada pola Alcaldía e o seu proceso iniciouse en xaneiro de 2025. Desde entón completáronse os diferentes trámites necesarios para poder executar a obra, entre eles a redacción do proxecto, o cálculo dos custos, a elaboración da memoria, a procura de financiamento, a solicitude da subvención e os procesos de licitación e adxudicación.

O investimento ascende a preto de 71.000 euros e conta coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello a través do Plan Camiña. A intervención permitirá mellorar as condicións de circulación e seguridade nesta vía.

Durante o desenvolvemento dos traballos, o Concello solicita á veciñanza que extreme a precaución e respecte a sinalización instalada na zona. No caso de que sexa necesario establecer cortes ou restricións puntuais ao tráfico, serán comunicados previamente a través dos canais oficiais municipais.

 

0.17333889007568