A Pobra de Trives completa a mellora da estrada que une Vilanova e Escuadro

RibeiraSacraXa
A actuación, cun investimento próximo aos 71.000 euros, foi financiada coa colaboración da Xunta e do Concello a través do Plan Camiña
obras-vilanova-escuadrio-trives
29 Sep 2026

O Concello da Pobra de Trives vén de finalizar recentemente obras de mellora da estrada que comunica Vilanova e Escuadro, unha actuación destinada a mellorar as condicións de circulación e seguridade nesta vía.

Segundo explica o Concello, a intervención foi impulsada pola Alcaldía e o proceso para facela realidade comezou en xaneiro de 2025. Desde entón desenvolvéronse os diferentes trámites necesarios, entre eles a redacción do proxecto, o cálculo dos custos, a elaboración da memoria, a procura de financiamento e a solicitude da subvención, así como os procedementos de licitación e adxudicación.

O investimento realizado ascende a preto de 71.000 euros e contou coa colaboración da Xunta de Galicia e do propio Concello a través do Plan Camiña.

A actuación permite dispoñer dunha estrada en mellores condicións e mellorar a seguridade das persoas usuarias desta vía, cuxa renovación viña sendo reclamada polo Concello pola súa importancia para as veciñas e veciños da zona.

0.16152000427246