A nova exposición de Luis Valentín Fernández Vila poderá visitar na Galería Nova Rúa de Lugo

LugoXa | RibeiraSacraXa
Nesta ocasión, Fernández Vila centra o seu traballo na paisaxe urbana, con especial presenza de cidades como Lugo e Santiago de Compostela
artista-Fernández-Vila
7 May 2026

A Galería Nova Rúa de Lugo inaugura este xoves, 7 de maio, ás 18:00 horas, a exposición individual 'As cores da pedra: a beleza que perdura', do artista Luis Valentín Fernández Vila (Escairón, O Saviñao, 1958) e poderá visitarse a ata o 30 de maio.

Esta proposta supón o regreso do creador a este espazo expositivo, despois da súa mostra individual en 2022 titulada 'Ao redor de nós', así como da súa participación nunha exposición colectiva en 2018, o que evidencia unha relación continuada coa galería ao longo dos últimos anos.

Nesta ocasión, Fernández Vila centra o seu traballo na paisaxe urbana, con especial presenza de cidades como Lugo e Santiago de Compostela. A través das súas obras, o artista recolle a personalidade destes espazos, prestando atención á súa arquitectura, ás súas rúas e ao papel da pedra como elemento característico e definitorio.

A exposición formula unha mirada próxima ao cotián, na que os espazos urbanos son reinterpretados desde unha sensibilidade que destaca a súa identidade e a súa continuidade no tempo. Lonxe dunha visión monumental, as obras convidan a redescubrir lugares recoñecibles desde unha perspectiva íntima e persoal.

0.11529493331909