A Deputación colaborará na recuperación do santuario de Guadalupe, no Saviñao

RibeiraSacraXa
A Deputación apoiará a recuperación do santuario de Guadalupe, no Saviñao
santuario de guadalupe savinao 1
santuario de guadalupe savinao 1
29 Mar 2023

A Deputación de Lugo apoiará a recuperación do santuario de Guadalupe, unha capela construída no século XVIII no Saviñao e considerada un exemplo singular dos santuarios de culto marianos que se construíron durante o período barroco na Ribeira Sacra. A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, visitou este templo, declarado Ben de Interese Cultural (BIC), e recolleu as inquietudes da veciñanza, que pretende restablecelo e poñelo en valor.

“Este é un ben patrimonial de moito valor, polo que supón a nivel cultural e artístico, pero tamén polo que ofrece ao entorno da Ribeira Sacra”, destacou García Porto, quen defendeu ademais que, polos danos provocados pola falta de mantemento, a súa rehabilitación é “imprescindible para poder aproveitar todo o seu potencial como atractivo turístico no concello e na comarca”.

Subliñou tamén a Deputada de Promoción do Territorio e Turismo o compromiso da institución provincial con este templo, situado no entorno do val do Miño, e que conta tamén cun importante valor social polo que supón para os veciños e veciñas do Saviñao.

Situado na parroquia de San Vitorio de Ribas de Miño, o santuario de Guadalupe ten unha construción na que predomina o granito, ten unha planta rectangular de cruz latina e sobre a súa fronte érguense dous campanarios. No seu interior hai un retablo maior e dous retablos laterais da época barroca que xa perderon parte da súa policromía.

Investimento no Saviñao

A Deputación de Lugo investiu máis de 2,5M€ desde o ano 2019 para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas do Saviñao. A meirande parte destes recursos económicos achegados pola institución provincial a este concello da Ribeira Sacra estivo destinada a mellorar as infraestruturas, o fomento do emprego e reforzar as políticas sociais.

santuario de guadalupe savinao 2
santuario de guadalupe savinao
0.19566583633423