A casa de Novoneira acolle o sábado un espectáculo de danza baseado nun dos contos do poeta

RibeiraSacraXa
As persoas interesadas en asistir teñen que reservar a súa praza. Despois da actuación, a cargo de Kirenia Danza, haberá un coloquio cos asistentes.
kirenia danza
kirenia danza
24 Mar 2021

A compañía galega Kirenia Danza presenta, na casa da Fundación Uxío Novoneyra no Courel, un espectáculo de baile baseado nunha obra do poeta. Será o vindeiro sábado día 27, a partir das 19.30 horas.

A actuación, que se desenvolverá no exterior, interpretará o conto 'Vagaface, Brumalión e o can de pedra', de Uxío Novoneira, que dá base a unha interpretación bailada pola bailarina Kirenia Martínez Acosta e o actor Xoel Álvarez. Ao remate do espectáculo desenvolverase un coloquio coas persoas que acudan ao evento.

As prazas son limitadas, polo que as persoas interesadas en asistir deben reservar a súa localidade chamando ao 671 445 247 ou a través do correo info@uxionovoneyra.com.

A presentación a cargo de Kirenia Danza enmárcase dentro dun programa de difusión do Xeoparque Montañas do Courel que traerá máis artistas escénicos galegos á zona.

0.18414711952209