A AV do Saviñao retoma as andainas este sábado

RibeiraSacraXa
A Asociación Veciñal do Saviñao retoma as andainas este sábado, coa ruta, aberta e conservada pola asociación, da Ribeira Sacra do Miño.
Cartel ruta saviñao segade
Cartel ruta saviñao segade
22 Out 2021

A Asociación Veciñal do Saviñao retoma as andainas este sábado 23 de outubro, coa ruta, aberta e conservada pola propia asociación, da Ribeira Sacra do Miño.

Despois dun ano de ausencia nas saídas sendeiristas a causa da situación sanitaria, a asociación organiza o recorrido desta ruta de mais de 36 quilómetros repartidos en catro xornadas nas mañáns dos sábados.

A primeira etapa será dende Segade (Pantón) ata Marce, a segunda entre Marce e O Priorato da Cova, a terceira entre A Cova e Belesar e a última entre Belesar e Stº. Estevo de Ribas de Miño.

A saída será ás 9.15 horas e rematará ás 14 horas aproximadamente. É imprescindible apuntarse antes do venres e pode facerse a través do facebook da asociación ou do seu correo electrónico asociacionvecinaldosavinao@gmail.com ou dos teléfonos 982 452 013 e 677 726 325.

Cartel ruta saviñao
0.19266295433044