A ampliación do parque empresarial de Pereiro de Aguiar avanza coa redacción do proxecto para adquirir os terreos

RibeiraSacraXa | OurenseXa
A terceira fase permitirá sumar case 231.000 metros cadrados ao polígono cun investimento previsto de 19,8 millóns de euros
poligono-parque-empresarial-pereiro
6 Oct 2026

A Xunta de Galicia deu un novo paso na terceira fase de ampliación do parque empresarial do Pereiro de Aguiar coa adxudicación á empresa TPF Getinsa Euroestudios da redacción do proxecto necesario para a expropiación dos terreos.

O contrato terá un prazo de execución de 18 meses e incluirá tanto a elaboración do proxecto como a tramitación necesaria para levar a cabo a adquisición das fincas afectadas pola ampliación.

A actuación conta cun investimento de 19,8 millóns de euros e permitirá incorporar ao parque empresarial case 231.000 metros cadrados de novo solo. Con esta ampliación, a superficie total do polígono situarase preto dos 832.000 metros cadrados, o que supón un incremento do 38 %.

O obxectivo é que os novos terreos empresariais poidan estar dispoñibles ao longo de 2028. A ampliación pretende facilitar a instalación de novas empresas e a chegada de investimentos, así como favorecer a creación de emprego no municipio.

1.4205951690674