RibeirasacraXa
Pantón celebra este domingo unha xornada micolóxica
Estará guiada por Enrique Vera, da Sociedade Micolóxica de Madrid, e Ramón Losada Pérez, da Sociedade Micolóxica de Sober
Quiroga abre o prazo para solicitar as axudas a estudantes de ensinanzas superiores
A convocatoria deste ano está dotada con 8.000 euros e as solicitudes poderán presentarse ata o 2 de decembro
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Presentan Terra Move, unha plataforma pioneira para impulsar o mecenado deportivo
Talía Teatro llega a mañana a Monforte con su función ‘Un Deus Salvaxe’
La función tendrá lugar en el Edificio Multiusos a las 20:15 horas
Ribeira Sacra Next inicia un ambicioso proxecto para fomentar o emprendemento dende as escolas
O proxecto levarase a cabo en colaboración cos polígonos industriais de Monforte de Lemos, Chantada, Pereiro de Aguiar e O Saviñao
Quiroga mellora camiños rurais en Vilañán e Bendollo co apoio da Deputación
En Vilañán arranxouse un treito próximo ao Despegue de Parapente e ao Miradoiro, así como o camiño que leva a Vilaboa, mentres que en Bendollo se actuou no acceso á parte alta do núcleo
RibeiraSacraXa
O Club de Lectura Fácil de Bóveda celebrará unha nova reunión este venres
Os membros reuniranse para comentar o libro ‘Cruce de Mundos’ e prepararán o seguinte título, que será ‘Madame Bovary’, de Gustave Flaubert
O CIM de Chantada presenta o programa de actividades para conmemorar o 25N
A campaña deste ano, baixo o lema “Chantada contra as violencias machistas, Súmate! 25N”, inclúe contacontos, charlas, exposicións e accións de sensibilización
Temes e Celaguantes acollen unha xornada veciñal sobre a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial
Ambas parroquias celebrarán este domingo unha xornada que marcará o punto de partida para estreitar a relación entre técnicos e veciños, dando inicio á segunda fase do proceso participativo sobre a candidatura
O Concello Monforte adxudica as obras de mellora do Punto Limpo e a renovación dos contedores
Entre as actuacións previstas figuran a mellora e motorización das portas de acceso, o pintado das instalacións, a implantación dun sistema de control de acceso e a instalación dunha barreira automática
Os máis pequenos de Quiroga despediron o Samaín cunha festa no Centro Social
Os participantes gozaron dunha merenda e música en directo a cargo de Paco Nogueiras, que puxo ritmo e diversión á xornada
O Concello de Monforte lanza unha campaña para mellorar a xestión dos residuos orgánicos
A nova campaña incluirá diferentes accións formativas a pé de rúa e nos centros educativos, co fin de sensibilizar sobre a importancia dunha correcta separación dos residuos
A veciñanza de Sober celebrou o magosto esta fin de semana con festas e xantares en varias parroquias
Canaval, Lobios ou Proendos gozaron esta fin de semana dunha xornada festiva para celebrar o outono
Bóveda acolle este xoves un obradoiro sobre como detectar bulos en internet
Terá lugar na biblioteca e está dirixido a maiores de 14 anos
Ribas de Sil mellora o acceso ás Pozas, na parroquia de Torbeo
O investimento total dos traballos ascende a 15.801 euros, financiados a través do Plan Deputación de Lugo
Pantón celebrará o vindeiro sábado unha pancetada e magosto popular no Pavillón Municipal
A actividade, pensada para promover a convivencia veciñal e celebrar os sabores do outono, contará coa actuación musical do Dúo Paradise
Quiroga organiza unha viaxe pola Ribeira Sacra do Miño o 16 de novembro
Os participantes visitarán o Mosteiro das Bernardas, o Ecomuseo de Arxeriz, o Miradoiro do Cabo do Mundo, a igrexa de Santa María de Nogueira de Miño e a adega Pilares de Belesar
Carballedo acollerá o programa CANDEA para combater a soidade non desexada entre maiores
A iniciativa, destinada a maiores de 65 anos, incluirá actividades como cafés-conversa, talleres de competencias dixitais, grupos de apoio mutuo e acompañamento psicolóxico
Taboada renova o seu equipamento para eventos con novas mesas e cadeiras pregables
A adquisición foi financiada a través do Plan Deputación 2025 e permite dispoñer dun material máis moderno, seguro e funcional, que substitúe o anterior
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Aprobadas as bases da convocatoria de nove prazas de emprego público
Aprobada tamén a elaboración de varias listaxes de carácter temporal para cubrir as necesidades de persoal ATS-DUE, traballadores sociais e profesor de inglés
Abren as inscricións para participar na V Andaina “Chantada contra o Cancro”
A cita, promovida pola asociación local Chantada contra o Cancro, terá lugar o 16 de novembro con percorridos adaptados a distintos niveis de dificultade
A Deputación de Lugo investirá case 315.000 euros en mellorar a estrada entre Chantada e Os Peares
Entre as actuacións previstas inclúense a reapertura de cunetas e a mellora do firme, cun prazo de execución estimado de tres meses
Chantada e Monforte acollerán unha formación gratuíta en prevención de riscos laborais
O curso, promovido por Acción contra o Fame, ten como obxectivo favorecer a inserción laboral e ofrecer novas oportunidades de emprego en sectores con alta demanda de persoal cualificado
A XXXVI Festa da Castaña do Courel chega a Seoane do 7 ao 8 de novembro
Degustacións, obradoiros e música encherán o programa deste ano




