RibeirasacraXa
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
CIG Saúde denuncia carencias de material e unha xestión “ineficiente” na Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte
O PSdeG pide á Deputación de Ourense que se posicione en defensa dos concellos ante a Lei de Administración Local
Instan a defender ante o Parlamento de Galicia a supresión das fusións municipais obrigatorias sen referendo previo e a reformulación dos criterios de reto demográfico, que deixan fóra decenas de municipios ourensáns
Abertas as inscricións para participar no 10º Torneo de Futsal Feira do Viño de Quiroga
O torneo celebrarase desde o luns 30 de marzo ata o xoves 2 de abril, e este venres remata o prazo para anotarse
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
A Copa Deputación avanza coa celebración da fase de oitavos na maior parte de categorías
O Multiusos de Monforte acolleu a gradación do alumnado de FP do IES A Pinguela
O acto recoñeceu ao estudantado que completou os distintos ciclos formativos ao longo dos dous últimos cursos
A unidade móbil da ITV agrícola achegarase ao mercado gandeiro de Rubián esta semana
As revisións de maquinaria agrícola poderán realizarse con cita previa os días 25 e 26
Bóveda Slam Poetry comeza unha nova edición o vindeiro 28 de marzo
A organización convida a todas aquelas persoas interesadas a anotarse e recitar os seus poemas
Un total de seis bandas participarán na primeira edición da Liorta Musical do Castañazo Rock
Kúspide, Exeria, MEU Rock GZ, Nuada, Terror Erótico e ünder & Diego Flâneur actuarán o 18 de abril no Mercado Gandeiro no primeiro concurso de bandas do festival
Aberto o prazo para participar no concurso de deseño de camisetas da Feira do Viño de Quiroga
Os encargados de elixir ao gañador serán os actores Edu Soto e Iván Massagué, pregoneiros da feira deste ano
Arranca a Primavera Musical en Sober cun concerto de guitarra a cargo de Gonzalo Peñasola
A actividade enmárcase dentro do programa do Mes do Amandi e terá lugar esta tarde na Casa Museo Genia Trigo de Gundivós
GaliciaXa
A nova presidenta da Deputación de Lugo reunirase o mércores con Rueda
Carmela López pretende reforzar a colaboración institucional entre ambas administracións para avanzar en proxectos que afectan directamente ao desenvolvemento económico, social e territorial da provincia
A Deputación de Lugo anuncia o arranxo da LU-P-5301 entre o Val de Quiroga e Ourense
Con este novo proxecto, que está en fase de estudo, a estrada quedaría mellorada en practicamente todo o seu trazado
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Sindicatos recomendan aos gandeiros que non asinen os novos contratos cunha rebaixa do prezo do leite en orixe
O PP denuncia o “abandono total” do complexo de Augasmestas
Poñen en dúbida a reapertura desde recurso turístico pese a terse anunciadas as contratacións
A Pobra do Brollón organiza un campamento de conciliación durante a Semana Santa
Está dirixido a nenas e nenos de entre 4 e 12 anos e as inscricións poderán realizarse ata o mércores 25
Ribas de Sil reforza a seguridade viaria con novo equipamento logístico
A nova equipación permitirá optimizar a sinalización en incidencias, reforzar os dispositivos de control do tráfico e mellorar a resposta ante emerxencias
A veciñanza de Nogueira de Ramuín participou nun taller de Ecopercursión da man da Asociación Ecos de Moura
O encontro, que abriu o calendario de actividades socioculturais 2026 da asociación, estivo dirixido polo músico e percusionista Didier Díaz
Un grupo de voluntarios replanta árbores autóctonas en Paradapiñol
A zona, gravemente afectada polo gran incendio do pasado verán, conta agora con unhas 700 novas especies autóctonas
A Fundación Belarmino Fernández Iglesias acolleu unha xornada de maridaxe polo mes do Amandi
A actividade contou coa colaboración do Concello de Sober e da Axencia Galega da Calidade Alimentaria
A CIG alerta da falta de persoal de enfermaría na Residencia de Maiores de Valdegodos, en Quiroga
O sindicato lembra que esta situación supón un incumprimento da normativa galega e demandan unha solución urxente
Monforte acollerá no mes de xullo o Campus de Baloncesto do Breogán
O primeiro Campus de Tecnificación ‘The Basket Dream’ Breogán, dirixido a mozos de 6 a 18 anos, celebrarase do 20 ao 25 de xullo no pavillón Río Cabe
O BNG denuncia a negativa do PP a protexer a capela do Cotillón ante súa posible adquisición por un particular
“Unha das maiores xoias do noso patrimonio e da nosa historia colectiva como galegas e galegos, pódese comprar”, denuncia o deputado do BNG por Lugo Sur, Iago Suárez, que urxe medidas para evitalo
RibeiraSacraXa | OurenseXa
O PP de Ourense reclama un plan de financiación para que os concellos apliquen a Lei de Benestar Animal
O grupo provincial alerta das dificultades dos concellos rurais para aplicar esta norma e pide unha financiación “directa e estable”
O PP de Monforte levará a pleno unha moción para poñer os espazos municipais sen actividade a disposición da veciñanza
Poñen como exemplo os quioscos da Compañía e do Campo de San Antonio, o edificio de Expolemos ou o local do centro do viño
Polamiúda prepara a IV edición do festival Polas Bravas
O cartel será presentado este sábado e previamente, o venres, haberá un obradoiro gratuíto a cargo de EmeDJ
O Concello de Monforte abre o proceso de contratación dos servizos de telefonía e internet
O Concello busca modernizar a rede de comunicacións municipal a través dun servizo moderno e integrado
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa


