Yoraxi Melean recibirá la Medalla al Mérito Deportivo de la Xunta de Galicia

RibeiraSacraXa
A deportista, afincada en Monforte, xogou durante sete tempadas no Club Pinguela —actual Ribeira Sacra—, onde obtivo a nacionalidade española e pasou a integrarse na Selección Española.
Yoraxi Melean
28 Apr 2026

A deportista Yoraxi Melean, afincada en Monforte, será distinguida coa Medalla ao Mérito Deportivo que concede a Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral para o Deporte. O acto de entrega terá lugar o próximo 29 de abril no Centro de Convencións Palexco da Coruña, ás 18:00 horas.

Este recoñecemento pon en valor a súa traxectoria deportiva e a súa contribución ao voleibol galego e nacional, así como o seu paso pola Selección Española de Voleibol.

Melean chegou a Galicia con 19 anos tras formar parte da Selección Venezolana de Voleibol. Posteriormente xogou durante sete tempadas no Club Pinguela —actual Ribeira Sacra—, onde obtivo a nacionalidade española e pasou a integrarse na Selección Española.

Na súa carreira profesional competiu en equipos de máxima categoría en Italia, Portugal e España, como Tenerife, Logroño ou Menorca, cos que logrou títulos de liga, Copas da Raíña e participacións en competicións europeas.

Tras a súa etapa como xogadora, estableceuse en Monforte de Lemos, onde exerce como adestradora de equipos do club e participa como técnica nos campus de verán organizados pola Federación Española de Voleibol.

0.11728000640869