Yolanda Castaño ofrecerá un recital na Casa da Cultura da Pobra do Brollón

RibeiraSacraXa
Premio Nacional de Poesía 2023, a poeta pretende conectar con todo tipo de públicos, máis ou menos versados no xénero poético
Yolanda-Castaño-A-Pobra-do-Brollón
17 Oct 2024

Este sábado, ás 18.30 horas, Yolanda Castaño, Premio Nacional de Poesía 2023, ofrecerá un recital na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ da Pobra do Brollón.

Trátase dunha proposta novidosa ao apoiarse nas novas tecnoloxías, o son e a linguaxe audiovisual, que pretende conectar con todo tipo de públicos, máis ou menos versados no xénero poético.

O evento, de acceso libre, está organizado pola Biblioteca municipal Antonio Reboiro e enmárcase no programa 'Ler Conta Moito', da Xunta de Galicia.

0.17360305786133