Xunqueira de Espadanedo acolle este venres un taller de iniciación á Slow Cooker

RibeiraSacraXa | OurenseXa
A actividade, de tres horas de duración, ensinará o uso da cociña lenta e rematará cunha degustación final
curso-slow-cooker-xunqueira-de-espadanedo
15 Jun 2026

O vindeiro 19 de xuño celebrarase en Xunqueira de Espadanedo un Taller de Iniciación á Slow Cooker, unha actividade formativa centrada no aproveitamento da cociña lenta e na aprendizaxe de técnicas e receitas adaptadas a este sistema de cocción.

O obradoiro desenvolverase en horario de 17:00 a 20:00 horas e estará aberto a participantes de todas as idades. Ao longo das tres horas de duración, as persoas asistentes aprenderán o funcionamento dunha olla de cocción lenta, así como a adaptación de receitas tradicionais e a elaboración de pratos sinxelos.

A actividade inclúe todos os ingredientes e materiais necesarios, e finalizará cunha degustación dos pratos preparados durante a sesión. O prazo de finaliza este luns.

0.13239192962646