Xa está aberto o prazo para apuntarse ao Club de Lectura Fácil de Bóveda

RibeiraSacraXa
Xa está aberto o prazo para apuntarse ao Club de Lectura Fácil de Bóveda, que prestará libros ata o vindeiro 21 de abril
Club de lectura Bóveda
Club de lectura Bóveda
4 mar 2023

Desde o 6 de marzo ata o vindeiro 21 de abril os cidadáns de Bóveda poderán desfrutar dun servizo de lectura sinxela.

Durante 45 días as persoas maiores de 14 anos que queiran poderán apuntarse ao Club de Lectura Fácil do Concello para levarse un libro que teña letra grande e sexa de lectura fácil para persoas que teñen dificultades na lectura.

Ao rematar o libro, o Concello organizará unha actividade para comentalo.

Para preguntar información sobre os libros e apuntarse, haberá que chamar ao número 982 426 006.

Club de lectura Bóveda