Vilamor acollerá a XIII Xuntanza de Artesáns cunha homenaxe a Urbano Arza “O Nino”

RibeiraSacraXa
O encontro celebrarase o 30 de maio de 2026 e incluirá feira, música tradicional, demostracións e foliada libre
xuntanza-de-artesans-vilamor
21 May 2026

A localidade de Vilamor acollerá o próximo 30 de maio de 2026 a XIII Xuntanza de Artesáns, unha cita que reunirá oficios tradicionais, música e actividades culturais ao longo de toda a xornada.

O encontro incluirá unha homenaxe ao artesán Urbano Arza, coñecido como “O Nino”, protagonista dun dos actos centrais do programa.

A xornada comezará ás 9.00 horas coa recepción de artesáns e continuará ás 11.00 coa apertura da feira. Ás 12.00 está prevista a actuación do grupo tradicional “O Ventosiño”, procedente de Terra de Lemos.

O programa seguirá ás 14.00 horas co pregón, que correrá a cargo de Mercedes Vázquez Saavedra, tras o cal haberá unha pausa para xantar ás 14.30 horas.
Pola tarde, ás 17.00 horas, terá lugar a homenaxe a Urbano Arza “O Nino”. A programación continuará ás 18.00 horas cunha actuación de baile do grupo Courelóuzara.

O peche dos postos está previsto para as 20.00 horas, mentres que a xornada rematará ás 21.00 horas cunha foliada libre aberta á participación do público.

cartel-xuntanza-artesans-vilamor
0.11673188209534