Varios representantes do PP puxeron en valor a actuación da Xunta de Galicia no Hospital comarcal de Monforte

RibeiraSacraXa
As candidatas do PP lucense ao Parlamento de Galicia Raquel Arias e Katy Varela, xunto co deputado nacional monfortino Francisco Conde e o titular de Sanidade e candidato pola provincia de Pontevedra, Julio García Comesaña, achegáronse ás inmediacións do hospital comarcal de Monforte onde pediron o apoio “para que Alfonso Rueda teña unha maioría suficiente e pode executar o proxecto de remodelación integral do Hospital Comarcal de Monforte que inclúe a construción dun novo edificio anexo ao actual”.
hospital de Monforte PP
10 Feb 2024

Comesaña explicou que “é un proxecto moi pensado e planificado que xa ten unha partida orzamentaria para iniciala nos orzamentos deste ano” e puxo en valor o Plan Director para renovar toda a área de hospitalización e de consultas externas do hospital, que suporá un investimento de 15 millóns de euros. “Comezarase a desenvolver despois das obras para un novo laboratorio de microbioloxía e unha nova área de cardioloxía que onte mesmo a Xunta sacaba a contratación por 1 millóns de euros”, apuntou.

Ademais deste exemplo de apoio ao centro hospitalario de referencia do sur lucense, o popular remarcou que “nestes últimos catro anos houbo máis probas do compromiso do Goberno do Partido Popular”. É o caso da posta en marcha, a finais do 2021, dun novo hospital de día oncohematolóxico e polivalente e unha nova farmacia para este hospital cun investimento de 1,5 millóns de euros e, en xaneiro do 2022, do novo laboratorio de análises clínicas e de bioquímica; e o investimento de máis de 1 millóns de euros na renovación da tecnoloxía neste hospitall.

García Comesaña subliñou tamén “a incorporación de 21 novos especialistas con praza fixa neste hospital” a través do primeiro concurso de méritos desenvolto polo Goberno de Rueda. E isto é posible trala aprobación dunha lei “para poder ofrecer sen oposición as prazas dos hospitais comarcais e así incentivar aos médicos a vir a elas”.

0.16724109649658