Varias actividades forman parte da programación do programa de animación á lectura de Bóveda

RibeiraSacraXa

O Concello de Bóveda promover un programa de animación á lectura baixo o nome de 'Ler conta moito' na Biblioteca Municipal para todos os nenos e nenas e adultos interesados.

Biblioteca bóveda
Biblioteca bóveda
12 abr 2024

O Concello de Bóveda promover un programa de animación á lectura baixo o nome de 'Ler conta moito' na Biblioteca Municipal para todos os nenos e nenas e adultos interesados.

Este curso, subvencionado pola Consellería de Cultura, acolle un calendario con actividades que formarán parte do proxecto 'Mes do libro' que se leva a cabo na Biblioteca do Concello de Bóveda.

A primeira actividade baixo da programación será o Día do Libro, o 23 de abril, no que haberá a cantada 'Un universo na túa maleta' de Ana Meilán ás 11.00 horas.

Pola súa parte, o 16 de maio celebrarase o Día das Letras Galegas tamén ás 11.00 horas cun obradoiro infantil 'Luisa Villalta. Biografía Ilustrada' de Sheila García Prado.

Xa o 26 de xullo terá lugar o fin de curso do PAI, cun espectáculo para bebés ás 11.00 horas baixo o nome de 'Levántate Xan' da Trastenda dos contos de Caxoto.

E, por último, o 24 de outubro, para o Día da Biblioteca, celebrarase 'As rescatadores II: Scape Room na biblioteca' con Antía Yáñez, escritora.