Unha visita ao Museo do Lebre das Casarizas e ao Castelo da Peroxa terá lugar o vindeiro 15 de agosto

RibeiraSacraXa
Segredos de Pantón organiza unha visita ao Museo do Lebre das Casarizas e ao Castelo da Peroxa o vindeiro martes 15 de agosto e as persoas participantes, que serán 20 como máximo, atoparanse no mural das xacias do colexio Monte Baliño, no Castro de Ferreira ás 9.
segredos panton
7 Ago 2023

Segredos de Pantón organiza unha visita ao Museo do Lebre das Casarizas e ao Castelo da Peroxa o vindeiro martes 15 de agosto e as persoas participantes, que serán 20 como máximo, atoparanse no mural das xacias do colexio Monte Baliño, no Castro de Ferreira ás 9.15 horas.

Así, os participantes poderán desfrutar da exposición das máquinas e dos inventos realizados por un veciño da Peroxa 'O Lebre', coñecido tamén como o Da Vinci da Peroxa, xa que foi un inventor a través do cal pódese coñecer a historia do mundo rural do século XX e os oficios tradicionais da época; todo isto no Museo O Lebre das Casarizas.

Pola súa parte, no espazo natural do Castelo poderán ver carballos, árbores de ribeira e con zona de merendeiro ao carón do río, onde se atopan ruínas do castelo, que foi xurisdición e capital do Estado de Temes e un dos poucos castelos que resistiron ás revoltas irmandiñas.

0.1083869934082