Unha nova xornada para coñecer orquídeas na Serra do Courel terá lugar este sábado

RibeiraSacraXa
Unha nova xornada para coñecer orquídeas na Serra do Courel terá lugar este sábado organizada polo colectivo Pía Paxaro
orquídea
orquídea
26 Maio 2023

O colectivo Pía Paxaro organiza para este sábado, 27 de maio, unha xornada para analizar novas especies en floración de orquídeas na Serra do Courel.

As persoas participantes, ademais de descubrir e aprender a diferenciar algunhas das 25 especies de orquídeas que hai na Serra do Courel, tamén coñecerán os hábitats nos que se poden atopar.

A actividade empezará ás 10.00 horas e rematará ás 14.30 horas, tempo no que visitarán lugares do Courel que se poderán fotografar durante a ruta.

0.1863751411438