Unha iniciativa que percorreu os concellos da Ribeira Sacra a través do Camiño de Inverno gañou un premio internacional

RibeiraSacraXa
Unha iniciativa que percorreu os concellos da Ribeira Sacra a través do Camiño de Inverno gañou un premio internacional
El Camino Creativo
17 Xuño 2023

O proxecto ‘El camino creativo – Xacobeo 21.22. Emprende!’ é un dos cinco proxectos finalistas do Premio Internacional UNESCO-Bangladesh Bangabandhu Sheikh Mujibur Rahman para a Economía Creativa.

El 'Camino creativo' de Santiago é un camiño específico para emprendedores creativos que van desenvolvendo o seu Plan de Negocio a medida que percorren o Camiño, en concreto o Camiño de Inverno, e celebrou as súas dúas primeiras edicións aproveitando o Ano Santo (2021.2022.).

Este proxecto foi un dos principais de España Creativa na liña de formación, xunto ás súas titulacións de posgraduado universitario e, desde un primeiro momento, contou co apoio do Ministerio de Cultura a través das Axudas de Acción e Promoción Cultural e da Xunta de Galicia, ademais da colaboración da Deputación de Lugo e de numerosos concellos do Camiño de Inverno polos que foi pasando.

O Camiño de Inverno ,e de maneira especial os concellos da Ribeira Sacra, foron escenario de múltiples actos e eventos organizados desde España Creativa neste Camiño de Santiago, O Camiño Creativo, cunha conexión e impacto coa poboación local.

Actividades que se desenvolveron

Así, organizáronse concertos en catamarán coa estrea da música de Meu Camiño de Juan Antonio Simarro e Rocío Caamaño polos canóns do Sil, proxeccións de cinema con Chelo Loureiro e Oliver Laxe (Monforte de Lemos); espectáculos como “A Noite de Lendas, Poesía e Luz” nas Adegas milenarias de Vilachá (A Pobra do Brollón); o Encontro de Deseñadores Históricos da Moda Galega con Roberto Verino, Modesto Lomba, Antonio Pernas e Floretino (Lalín)...

Tamén houbo mesas redondas, conferencias ou faladoiros literarios con Olga Novo ou Espido Freire, documentais do actor Rubén Riós ou a deportista paralímpica Xema Hassen-Bey...

Todos estes eventos fóronse desenvolvendo ao longo do Camiñode Inverno, paralelamente aos talleres de creación de empresa e desenvolvemento do plan de negocio de cada un dos participantes que contaban, ademais, cunha mentoría personalizada para o desenvolvemento dos seus proxectos.

O premio

Este proxecto resultou ser a única iniciativa nomeada de España pola Comisión Nacional UNESCO para este premio. Tras un longo proceso de 6 meses, iniciado a principios de decembro de 2022, foi superando a fase de Semifinais en marzo 2023, na que pasaron xa só 10 proxectos de todo o mundo e despois en abril 2023 chegou á fase Final, na que só 5 proxectos de todo o mundo lográrono.

O galardón Premio Internacional UNESCO-Bangladesh Bangabandhu Sheikh Mujibur Rahman para a Economía Creativa foi creado en 2020 e conta cunha dotación de 50.000 dólares e recompensa as iniciativas excepcionais dun individuo, institución, entidade ou organización non gobernamental que deseñara e executara proxectos ou programas innovadores que promovan o espírito empresarial dos mozos na economía creativa.

0.12764096260071