Unha avaría no subministro de auga afectará a algunhas rúas de Monforte

RibeiraSacraXa
Unha avaría no subministro de auga afectará a algunhas rúas do concello de Monforte malia que xa están a traballar na súa reparación
auga saneamento subministro
auga saneamento subministro
3 Out 2022

Tal e como vén de comunicar o concello de Monforte, produciuse recentemente unha avaría na rede de subministro de auga na marxe dereita do río Cabe ao seu paso pola cidade.

En concreto, este dano afecta ás rúas Chantada e as súas travesías, estrada de Ourense e as súas travesías, Corredoira e as súas travesías, Abeledos e as súas travesías, Cobas, Santa Clara, Ramberde e Rof Codina.

A avaría xa está sendo reparada nestes momentos por un grupo de operarios e agárdase que o servizo poida ser restablecido o antes posible, causando as mínimas molestias.

Dende o concello de Monforte piden desculpas e comprensión a tódolos veciños e esperan que pronto se volva á normalidade.

0.18571996688843