Unha avaría en San Xoán de Tor deixa sen subministro de auga aos veciños

RibeiraSacraXa
Unha avaría na parroquia de San Xoan de Tor, no concello de Monforte de Lemos, deixa sen subministro de auga aos veciños
suministro auga
suministro auga
29 sep 2022

O concello de Monforte vén de informar que se produciu unha avaría no subministro de auga en San Xoán de Tor onte pola noite.

Debido a este dano nas infraestruturas no que xa están a traballar numerosos operarios do concello, veranse afectadas as parroquias de Seoane, Moreda, San Xulián de Tor e San Xoán de Tor.

A avaría está sendo reparada nestes momentos e agárdase que o servizo de auga poida ser restablecido en todas estas parroquias á máxima brevidade posible.

Dende o concello de Monforte, agradecen a tódolos veciños e veciñas da zona a súa comprensión e piden desculpas polas molestias que esta avaría puidera ocasionar.

0.18540906906128