Unha avaría en San Xoán de Tor deixa sen subministro de auga aos veciños

O concello de Monforte vén de informar que se produciu unha avaría no subministro de auga en San Xoán de Tor onte pola noite.
Debido a este dano nas infraestruturas no que xa están a traballar numerosos operarios do concello, veranse afectadas as parroquias de Seoane, Moreda, San Xulián de Tor e San Xoán de Tor.
A avaría está sendo reparada nestes momentos e agárdase que o servizo de auga poida ser restablecido en todas estas parroquias á máxima brevidade posible.
Dende o concello de Monforte, agradecen a tódolos veciños e veciñas da zona a súa comprensión e piden desculpas polas molestias que esta avaría puidera ocasionar.