Un novo coche patrulla mellorará os servizos da Policía Local de Monforte

RibeiraSacraXa

O alcalde de Monforte presentou o novo vehículo para a Policía Local destinado a solventar as necesidades das patrullas de dito corpo de policía, no seu traballo diario de servizo aos cidadáns de Monforte.

30 dic 2022

O alcalde de Monforte presentou o novo vehículo para a Policía Local destinado a solventar as necesidades das patrullas de dito corpo de policía, no seu traballo diario de servizo aos cidadáns de Monforte.

Tomé destacou que se trata "dun vehículo eléctrico-híbrido que adquirimos seguindo as directivas europeas que avalan os criterios de compra pública verde ou con criterios ambientalmente sostibles, porque o noso obxectivo é implantar medidas que conduzan a reducir os niveis de contaminación, dentro dos parámetros marcados pola denominada Transición Enerxética. Por iso, eliximos un vehículo adaptado ás necesidades da nosa plantilla da Policía Municipal e que á vez sexa respectuoso co medio ambiente".

O automóbil novo adquirido polo Concello é un vehículo Patrulla P-1, modelo Hyundai Tucson tipo SUV, eléctrico híbrido de gasolina, de 5 portas e 5 prazas, con carrocería acristalada de cor branca, rotulado co logotipo do Concello e demais indicativos oficiais, e equipado segundo a normativa oficial e seguindo as directrices da unidade policial monfortina.

Na presentación do novo automóbil policial, o Alcalde estivo acompañado pola primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, e o Inspector do corpo de Policía Local, Miguel Martínez.

“Este novo vehículo co que vimos de dotar o servizo que a Policía Local presta á cidadanía de Monforte, engádese ó parque móbil municipal, actualmente formado por dos vehículos tipo utilitario, un todoterreo, un furgón de atestados e unha moticicleta”, detallou o Alcalde.

O novo vehículo foi adquirido polo Concello, mediante renting a 4 anos, por un importe de 45.941,28 € IVE engadido. Na súa adquisición, o Concello aportou o 20% do custe, mentres que o 80% restante corresponde a unha axuda do Fondo de Cooperación Ambiental.