Un ano máis Pantón organiza o seu tradicional concurso de postais e Beléns

RibeiraSacraXa
Un ano máis o concello de Pantón organiza un concurso de postais e Beléns que acolle traballos de nenos e nenas
concurso belens panton
concurso belens panton
3 dic 2022

O concello de Pantón fai desfrutar un ano máis ós seus veciños e veciñas co seu tradicional concurso de postais e Beléns.

Tódolos nenos e nenas do concello de Pantón que o desexen, poderán participar presentando as súas postais antes do día 22 nas oficinas da Casa da Cultura. Estas deben levar nome, apelidos e idade do autor ou autora na parte posterior.

Con respecto ó concurso de Beléns, a data límite para anotarse será tamén o día 22.

O período de inscrición xa está aberto e nel poderán participar asociacións, familias e persoas a nivel individual que tamén sexan do concello de Pantón.

Os interesados poden anotarse nas oficinas da Casa da Cultura ou chamando ó teléfono 982 456 377 en horario de 10 a 20 horas de luns a venres.