Últimos días da mostra da ilustradora Estefanía Padullés en Chantada
A exposición ‘¿A manchas ou a raias?’ da ilustradora Estefanía Padullés pódese visitar ata o vindeiro venres, día 9, no Espazo Xove de Chantada. A mostra recolle as ilustracións orixinais e mailo texto do conto que leva o mesmo título, da ilustradora e bióloga catalana asentada en Paradela.
A historia ‘A manchas ou a raias?’ fai fincapé na importancia de respetar a diferenza e de non prexuzgar a ninguén. Faino a través da historia de Leo e Gresa, un leopardo e unha tigresa, que deben vencer os seus medos para aprender o valor da diferenza.
As súas ilustracións trasládannos a unha selva que a autora describe á perfección, con estampas cheas de color nas que predominan os lilas e os ocres, moi chamativas para os máis pequenos e que estimulan a imaxinación.