Touriñán será o pregoeiro da Feira do Viño de Amandi

RibeiraSacraXa
Touriñán será o pregoeiro da Feira do Viño de Amandi o vindeiro 2 de abril, o último día deste evento multitudinario
Feira do Viño de Amandi
Feira do Viño de Amandi
8 Mar 2023

Xosé Antonio Touriñán será o encargado de ofrecer o pregón da XLIII Feira do Viño de Amandi, que se vai celebrar na localidade os días 31 de marzo, 1 e 2 de abril.

O pregón do humorista, actor e presentador será o día 2 de abril, Domingo de Ramos, ás 13.00 horas na Praza do Concello.

O Concello de Sober elixe este ano a un humorista con recoñecida traxectoria, que xa estivo nunha Feira do Viño cun espectáculo a cargo do dúo formado por Nucha e Mucha, as Cantareiras de Ardebullo, que fora enormemente aplaudido polo público. Agora terán a oportunidade de velo de novo, pero esta vez como pregoeiro da XLIII Feira do Viño de Amandi.

touriñan
0.18244600296021