Taboada recibe o verán con festa e fogueira no Campo da Feira

Un ano máis, o municipio de Taboada dará a benvida ao verán coa celebración da festa de San Xoán, organizada pola Concellería de Cultura, que convida á veciñanza a achegarse ao Campo da Feira para participar nunha das noites máis sinaladas do ano.
A xornada comezará ás 21:30 horas no recinto da Feira cunha cea popular na que se ofrecerán sardiñas, panceta, sobremesa e café, ademais de bebida a prezos populares.
Xa ás 23:30 horas está prevista a lectura do conxuro da queimada, un dos momentos centrais da celebración, antes de dar paso á tradicional fogueira, que se prenderá á medianoite.
A festa estará amenizada ao longo da noite pola actuación da Charanga Como Queira Band, encargada de poñer o acompañamento musical á celebración.