Taboada prepara unha fin de semana chea de actividades polas Letras Galegas

RibeiraSacraXa
O sábado terá lugar un monólogo de humor feminista e o domingo proyectarase a película “Antes de Nós”
letras-galegas-taboada
15 May 2026

O Concello de Taboada, coa colaboración da Deputación de Lugo, a través da Área de Igualdade e a Área de Cultura, súmase esta fin de semana á homenaxe que Galicia realiza á escritora e xornalista Begoña Caamaño, considerada unha referencia literaria e un símbolo na defensa da igualdade.

Dentro da programación das Letras Galegas 2026, o municipio acollerá dúas propostas culturais no Cuartel Vello. O sábado terá lugar un monólogo a cargo de Sobria e Serena, que se representará ás 19:00 horas.

A programación continuará o domingo coa proxección da película “Antes de Nós”, que dará inicio ao Ciclo Mestre Mateo 2026. A sesión será ás 20:30 horas tamén no Cuartel Vello.

Desde a organización aníman á veciñanza a participar nesta programación cultural, que busca achegar a obra de Begoña Caamaño e promover a cultura galega no municipio.

0.12579417228699