Taboada organiza un novo curso de aplicador de produtos fitosanitarios

O Concello de Taboada organiza de novo un curso de aplicador de produtos fitosanitarios, unha formación dirixida ás persoas interesadas en obter a capacitación necesaria neste ámbito.
O curso desenvolverase do 20 ao 24 de xullo en horario de tarde. As inscricións terán un custo de 60 euros e poderán formalizarse no propio Concello, tendo en conta que as prazas son limitadas.
Desde a organización lémbrase que esta formación habilita para a participación nos exames oficiais convocados pola Consellería de Medio Rural, que se celebrarán na data e hora que determine o propio organismo autonómico.