Taboada acolle este venres un obradoiro contra a violencia machista

RibeiraSacraXa
Será impartido por Carme Adán, ex-Secretaria Xeral de Igualdade e actual membro do Consello Da Cultura Galega
Diseño sin título
29 Nov 2024

Con motivo da conmemoración do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, Taboada acollerá este venres, 29 de novembro, un obradoiro contra a violencia machista, titulado 'Recoñecer, actuar e restaurar'.

A cita arrancará ás 20.30 horas no Cuartel Vello e contará coa participación Carme Adán, ex-Secretaria Xeral de Igualdade e actual membro do Consello Da Cultura Galega.

0.16501998901367