Suspéndese a obra de teatro 'A louca historia de Galicia' de Fulano, Mengano e Citano en Monforte

RibeiraSacraXa
Suspéndese a obra de teatro 'A louca historia de Galicia' de Fulano, Mengano e Citano en Monforte que ía ter lugar este xoves
15 feb 2023

O Concello de Monforte suspendeu temporalmente a representación da obra de teatro que estaba prevista para este xoves, día 16 de febreiro.

A compañía responsable da posta en escena, Fulano, Mengano e Citano, vén de alegar motivos xustificados que impiden que a obra 'A louca historia de Galicia' siga a ruta programada na programación da Rede Galega de Teatro e Auditorios do primeiro semestre de 2023 en Monforte de Lemos.

A carteleira prevista e formada por un total de 6 postas en escena destinadas na súa maioría ao público adulto, continuará o día 9 de marzo da man da compañía Olivas negras que representará 'Doce uvas, dúas mulleres e unha oliva', un espectáculo sorprendente e honesto en clave cómica cunha historia de auto superación e empoderamento feminino.