Sober suma unha nova centenaria

RibeiraSacraXa
O municipio de Sober sumou esta fin de semana unha nova centenaria, Milucha celebrou o cumpreanos rodeada de toda a familia
centenaria sober
centenaria sober
18 jul 2022

Emilia Fernández Carnero (coñecida como Milucha), de O Barrio de Figueiroá, cumpre 100 anos rodeada polos seus achegados. Cunha comida celebrada na Tapería Tear de Cadeiras, situada en Sober, convertíase así en centenaria.

Con Emilia, son dez as persoas que superan os 100 anos de idade no municipio de Sober; 8 mulleres e 2 homes.