Sober proxectará o documental ‘Nunca es tarde’ con motivo do 25N

O Concello de Sober incluíu na súa programación polo 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, unha actividade arredor do documental ‘Nunca es tarde’, producido por Páginas Violeta.
A cita terá lugar o mércores 25 de novembro, ás 18.30 horas, no Centro Sociocultural de Sober. Tras o visionado do documental abrirase un coloquio, que estará guiado pola educadora social Paula Santos.
Esta iniciativa está enmarcada dentro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, impulsado polo Ministerio de Igualdade, no que participa o Concello de Sober. Deste xeito, o municipio suma esta proposta ás actividades que distintas administracións organizan cada ano arredor do 25 de novembro, data sinalada internacionalmente para a sensibilización e o rexeitamento da violencia machista.