Sober prepara actividades con motivo do Día Internacional contra a Violencia cara ás Mulleres

RibeiraSacraXa
O Concello organiza a colocación dunha pancarta reivindicativa, o visionado dun documental e unha exposición fotográfica con motivo da efeméride
Imaxe recurso contra a violencia de xénero
Imaxe de arquivo ilustrativa
21 Nov 2026

O Concello de Sober organizou unha serie de actividades con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Entre as propostas incluídas na programación figura a colocación dunha pancarta reivindicativa na fachada da casa consistorial, coincidindo coa data sinalada, como xesto simbólico de rexeitamento á violencia machista.

Ese mesmo día, o Centro Sociocultural de Sober acollerá, ás 18.30 horas, o visionado do documental ‘Nunca es tarde’, elaborado por Páginas Violeta. Tras a proxección abrirase un coloquio guiado pola educadora social Paula Santos, no que se convidará ao público asistente a reflexionar e debater sobre o contido do audiovisual.

A programación complétase coa exposición fotográfica ‘ExpressArte’, que poderá visitarse no Centro Sociocultural desde o 20 de novembro ata o 1 de decembro. Esta mostra conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

O conxunto de actividades conta ademais co respaldo de distintas administracións, entre elas o Ministerio de Igualdade, no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, así como o Ministerio de Política Territorial e Función Pública, a través da Delegación do Goberno en Galicia e a Subdelegación do Goberno en Lugo.

0.15279603004456