Sober inaugura unha exposición sobre as usuarias do SAF da Pobra do Brollón

RibeiraSacraXa
A Casa da Cultura do Concello de Sober acolle a inauguración da exposición fotográfica de María Mirón, unha auxiliar do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) do Concello da Pobra do Brollón.
exposición Sober
exposición Sober
13 Abr 2024

A Casa da Cultura do Concello de Sober acolle a inauguración da exposición fotográfica de María Mirón, unha auxiliar do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) do Concello da Pobra do Brollón.

Esta profesional fotografou a usuarios e usuarias do SAF durante os seus períodos traballando, mostrando a realidade desde un punto de vista intimista e coidadoso.

A exposición poderá verse en Sober desde o 16 de abril e ata o 16 de maio de forma gratuíta para todos os veciños e veciñas do municipio e da comarca que queiran achegarse.

0.18170094490051