Sober entrega os premios do Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2026

O Concello de Sober fixo entrega esta semana dos premios correspondentes ao Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2026, unha iniciativa dirixida a fomentar a creatividade e o uso da lingua galega entre a rapazada. Os nenos e nenas premiados recibiron os seus diplomas da man do alcalde, Luis Fernández Guitián.
No apartado de Narración, na Categoría B (de 9 a 11 anos), o primeiro premio foi para Carla Rodríguez Pérez, seguida de Xiana Rodríguez Álvarez, que obtivo o segundo premio, e Carla Martínez Pardo, galardoada co terceiro.
Na Categoría C (de 12 a 16 anos), o primeiro premio recaeu en Laura Trigo Fernández, mentres que o segundo foi para Saúl Rodríguez Vivirido.