Sober celebrou este ano a súa I Romaría das Letras Galegas coa participación de nenos e nenas de toda a comarca

RibeiraSacraXa
O evento achegou aos participantes á literatura galega a través dunha actividade conxunta entre centros educativos, bibliotecas e entidades culturais
sober-romaria-letras-galegas
18 May 2026

Sober celebrou este ano a súa I Romaría das Letras Galegas, unha xornada cultural organizada polo Colectivo Lemos LE, integrado polas bibliotecas escolares dos centros públicos de Educación Primaria e Secundaria da comarca de Lemos, as bibliotecas públicas municipais e a Asociación de Librarías.

A actividade reuniu alumnado dos distintos centros educativos da comarca xunto con persoas usuarias das bibliotecas públicas municipais, nun encontro dedicado á figura de Begoña Caamaño.

A iniciativa enmárcase nas celebracións arredor das Letras Galegas e tivo como obxectivo promover a participación cultural e o achegamento á literatura galega a través dunha actividade conxunta entre centros educativos, bibliotecas e entidades culturais.

0.11585807800293