Sober acollerá no mes de xuño o I Certame de cantería

RibeiraSacraXa
El Hotel Áurea de Sober acogerá en el mes de junio el primer concurso de cantería. Tendrá lugar el 4 de junio.
cartel-Certamen-Canteiros_Áurea-Palacio-de-Sober
19 Feb 2022

O Hotel Áurea Palacio de Sober 4* organiza para o día 4 de xuño un certame de cantería. Esta cita terá os martelos e ciceis como protagonistas.

O obxectivo desta actividade é difundir e revalorizar o oficio tradicional do canteiro, vincular o hotel coa tradición galega e divulgar a historia do edificio patrimonial a través da interpretación artística da súa lenda.

A temática é “As 12 Doncelas” unha lenda do Pazo de Sober que conta que a familia López de Lemos levou a cabo a xesta de rescate de 12 doncelas secuestradas polo rey Mauregato de Asturias. Isto permitiu incorporar 12 roeles ao orixinal, contén 13.

Esta lenda servirá de inspiración aos canteiros e participantes para realizar as súas obras.

PROGRAMA

Os participantes chegarán ao hotel ás 9.00 horas onde se entregarán as acreditacións e o material por orden de chegada. Ás 16.30 horas as obras deberán estar finalizadas. Ás 18.00 horas producirase a deliberación do xurado. Ás 19.00 horas exporanse as obras premiadas, entregaranse os premios e terá lugar o cóctel de celebración.

A obra que obteña o primeiro premio será diferenciada das demais obras vencedoras expoñéndoa no xardín do Áurea Pazo de Sober, as demais quedarán no bosque, creando un ambiente máxico a través da cal poder descubrir as lendas e historias do hotel.

0.18522787094116